
O Celta quere agradecer a toda a afección celeste o comportamento exemplar mostrado o pasado sábado no partido do Celta Fortuna ante a SD Ponferradina.
Foi un día moi importante para o club e a resposta da afección estivo, unha vez máis, á altura. Desde o inicio ata o final, o voso apoio foi constante, próximo e respectuoso, nun partido de máxima tensión e emoción por todo o que estaba en xogo.
Ese comportamento fixo posible que Abanca Balaídos vivise unha xornada histórica, con récord de asistencia nun partido do filial, e que o equipo se sentise arroupado en todo momento. Unha auténtica festa que permitiu que xogadores e corpo técnico puidesen celebrar sobre o céspede e compartir con todo o celtismo a súa alegría por un ascenso moi traballado que xa forma parte da historia do club.
Xuntos vivimos unha xornada moi bonita e inesquecible da que só podemos sentirnos orgullosos da gran familia que somos.
Grazas, afección!