A presenza de canteiráns no RC Celta é cuantiosa, habitual e cun peso cualitativo considerable. Para o celtismo, que coñece á perfección e valora a filosofía do club, é unha certeza desde fai anos. E para o resto de Europa xa o é tamén. O CIES Football Observatory fixo público hoxe un detallado e elaborado estudo que sitúa ao club vigués como o primeiro na Liga Española no ranking de minutos xogados por canteiránss, entendendo como tales a xogadores que estiveron no seu club durante polo menos tres tempadas entre os 15 e os 21 anos de idade.
Pero o RC Celta non só reina en España. De entre os clubs das grandes ligas de Europa, das cinco primeiras, ningún supera ao club celeste. Non hai maior motivo de orgullo para o RC Celta, a súa Fundación e unha afección que apoia e sustenta con paixón esta aposta pola canteira como aceno de identidade do club.
No RC Celta participaron, co criterio establecido por CIES, un total de 13 canteiráns, que acumulan o 49 por cento dos minutos de xogo do plantel. Son cifras impresionantes para un club que desde fai anos converteu á súa canteira na pedra angular do seu proxecto deportivo e que esta tempada goza ademais dun filial que fixo historia ao clasificarse de xeito brillante para as eliminatorias de ascenso a Segunda División.
O último canteirán en debutar esta tempada é o central Carlos Domínguez, vigués que viste a camiseta celeste desde alevines, quen disputou o partido completo ante o Villarreal cun rendemento notable.