Hemeroteca celtismo

Os despachos de billetes do estadio abren este sábado

RC Celta

Celta-Zaragoza_TodosABalaidos.jpg

De 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 despacharanse entradas, a metade de prezo para os abonados

 

Os despachos de billetes de Balaídos despacharán entradas este sábado para o transcendental partido ante o Real Zaragoza (luns, 22:00 horas). O Real Club Celta ofrece aos seus abonados un desconto do 50% na adquisición dos billetes, cuxo prezo para o público xeral é de 40€ en Tribuna e 30€ nas bancadas de Río.

O club fai un chamamento aos abonados a que acudan ao estadio vigués para empuxar ao equipo, nun encontro que se presenta como vital. O celtismo está a mostrar esta tempada unha actitude exemplar cara ao equipo, con continuos xestos de apoio e unha inesgotable fidelidade. A unión de todos faise máis necesaria que nunca. O partido deste luns pode ser unha gran oportunidade para endereitar o rumbo do equipo e remar xuntos cara ao obxectivo da permanencia.

As entradas, tanto para abonados como para o público en xeral, poden adquirirse este sábado 20 nos despachos de billetes do estadio de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e o mesmo día do partido de 10:00 a 14:00 e de 17:00 até o inicio do encontro. Ademais, o servizo de entradas online está dispoñible as 24 horas do día para adquir entradas cos prezos xerais: www.celtavigo.org/taquillaCelta

precios celta-zaragoza

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas