BANNER 1300X400
O Club

O RC Celta busca o seu primeiro romance de verán en terras mexicanas

RC Celta

O RC Celta embárcase este verán nunha travesía alén do charco. Tras o amigable de pretemporada xa anunciado no PayPal Park, o barco celeste atracará previamente en México. Esta vez para enfrontarse aos Pumas de México.
Os mexicanos serán os próximos en catar o furacán galego. Farano o 13 de xullo con hora por confirmar no Estadio Olímpico Universitario da UNAM, escenario do primeiro encontro da nosa historia no país azteca. Trátase de algo máis que unha simple cita, que grazas á campaña “It’ s not just a match” expandirá o corazón dos afeccionados celestes a Ciudad de México, un dos lugares nos que máis se vive o fútbol lonxe do vello continente.
Partidos confirmados pretemporada 2022/23
13/07 | Pumas (México)
20/07 | San José Earthquakes (Estados Unidos)
29/07 | SC Braga (Portugal)
RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas