Hemeroteca celtismo

Real Club Celta – RCD Espanyol: ata o final, “eu creo no Celta”

RC Celta

Celta-Espanyol_entradas.jpg

Os abonados dispoñen de entradas a metade de prezo, tamén para Gol e Preferencia

 

Chega a xornada 38 de Primeira División, a última da tempada, na que o Real Club Celta xógase a permanencia no Estadio de Balaídos. Tras unha gran vitoria en Valladolid na que a afección celeste tivo moito protagonismo, o conxunto vigués está obrigado a vencer ao Espanyol este sábado (21:00 horas) se quere aspirar a competir un ano máis na máxima categoría do fútbol español.

Para este decisivo encontro o club repite unha medida que contou cunha moi boa resposta en anteriores ocasións: entradas a metade de prezo para os abonados celestes. Hai billetes dispoñibles para as bancadas de Río Alto, Río Baixo, Tribuna e grazas á colaboración dos convenios das bancadas de Gol e Preferencia despacharanse entradas tamén para estas zonas do estadio. Ademais liberáronse as butacas da zona visitante, polo que aumenta o aforamento das bancadas de Río.

Os prezos para o público xeral son de 30 euros para Preferencia, Gol, Río Baixo e Río Alto (20 euros para categoría sub-23) e de 40 euros para Tribuna.

O club, o plantel e o corpo técnico queren reiterar o seu agradecemento aos afeccionados e abonados celestes pola súa entrega e apoio encomiables. Xornada tras xornada, mesmo nos momentos de maior dificultade, o celtismo e o equipo non deixaron de crer xamais no Real Club Celta. Esta fe debe cobrar maior forza que nunca nos 90 minutos máis transcendentais do ano, os últimos compases antes do desenlace dunha difícil tempada.

As entradas, tanto para abonados como para o público en xeral, poden adquirirse de luns a venres na oficina de abonados (de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00) e o mesmo día do partido nos despachos de billetes do estadio (de 10:00 a 14:00 e de 17:00 até o inicio do encontro). Ademais, o servizo de entradas online está dispoñible as 24 horas do día para adquirir entradas cos prezos generales: www.celtavigo.org/taquillaCelta

ABONADOS_PRECIOS.jpg

 

 

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas