Hemeroteca club

Recalvi, patrocinador oficial do RC Celta e da Fundación Celta

RC Celta

recalvi.jpg

A empresa galega estará presente nas equipacións do club e noutros soportes publicitarios

 

O Real Club Celta e a Fundación Celta asinaron esta tarde un acordo de patrocinio co Grupo Recalvi. A empresa galega lucirá o seu logotipo nas equipacións do primeiro equipo, así como nas das categorías inferiores, as escolas deportivas e noutros soportes publicitarios.

 

“Recalvi apoia ao Celta desde hai anos. Continuar un ano máis como patrocinador do club é algo moi importante para nós”, asegurou Chema Rodríguez, director xeral de Recalvi. No acto tamén estiveron presentes Pablo Quinteiro, director comercial do Grupo Recalvi; Camilo Lobato, director comercial do Celta; e Serafín Alonso, director da Fundación Celta.

 

Recalvi é un dos maiores grupos de distribución de recambios e accesorios en España e o Grupo Europeo con maior presencia en Latinoamérica, con almacéns propios en 5 países Centroamericanos. Con sede en Vigo, Recalvi é unha compañía con capital 100% Galego. Ademais é o distribuidor exclusivo para España de todo o merchandising Ferrari.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas