Abanca Balaídos abriu as súas portas para vivir unha xornada histórica. As Celtas estreábanse en categoría oficial e facíano ante máis de 6.500 persoas que non quixeron perderse unha xornada única e apoiaron ás nosas no inicio desta nova aventura.
A resposta do celtismo foi incrible e o RC Celta atópase moi agradecido de toda a afección que sempre está á beira do club, acompañándoo en cada paso que dá. Unha afección chea de AFOUTEZA e CORAZÓN, coa que xuntos logramos escribir unha nova páxina na nosa historia.
Como sabedes, sodes unha parte fundamental deste club, por iso a continuación tedes a galería coas mellores fotos de todo o que deu de si esta xornada histórica, seguro atoparedes algunha cara coñecida.