Scientiffic Nutrition únese ao RC Celta como Suplemento Deportivo Oficial do club e xa traballa de cara ao comezo da competición oficial cos nosos equipos. Unha empresa vanguardista no sector, adicada á suplementación deportiva, ao coidado da saúde e enfocada en optimizar ao máximo o rendemento dos xogadores a través da alimentación.
O noso nutricionista, Álvaro Domínguez, califica o acordo de “moi importante para o club, xa que pon ao RC Celta en primeira liña en canto a calidade, tecnoloxía e desenvolvemento científico no campo da nutrición deportiva e a saúde dos nosos xogadores. Con Scientiffic Nutrition damos un salto de calidade moi importante”.
A súa liña de produtos está destinada a complementar e optimizar a alimentación, sendo o seu obxectivo mellorar o rendemento do deportista de élite e o coidado da saúde, tal e como confirma Álvaro: “Scientiffic Nutrition ten produtos de primeira calidade que axudan a aumentar o rendemento deportivo do xogador, ademais de axudar á prevención de lesións e problemas musculares. Unha das súas vantaxes é que teñen unha gran variedade de produtos, o cal permítenos individualizar en cada xogador para facer máis sinxela a súa posta a punto”, sentenza.
Scientiffic Nutrition
Scientiffic Nutrition conta cun extenso catálogo de produtos que permite satisfacer as necesidades dos nosos futbolistas tanto durante os adestramentos, partidos e nos seus momentos de descanso. A recuperación e o óptimo descanso é fundamental para alcanzar o máximo rendemento deportivo, evitando desta forma lesións durante a tempada.
Os servizos médicos do club e o departamento de nutrición apostaron por esta marca que engloba o seu catálogo de produtos en tres eixes principais como son o Deporte, a Saúde e a Nutrición. A calidade no produto e servizo son dous dos acenos de identidade desta compañía que conta xa con presenza en toda a xeografía nacional, así como en países europeos como Italia ou Francia.
Todos os produtos están deseñados e producidos con tecnoloxía de última xeración e baixo os máis estritos controis de calidade. Teñen a certificación USP (de uso farmacéutico) e están avalados por certificacións ISO9001 Bureau Veritas e GMP (certificado de boas prácticas na fabricación). Ademais, as materias primas utilizadas son de alta calidade e certificadas como libres de doping.