silabario destacada
Novas club

Silabario A Sede revalida a súa Estrella Michelin por cuarto ano consecutivo

RC Celta

O Restaurante Silabario A Sede, situado na sede social do RC Celta, revalidou na noite deste 28 de novembro a súa Estrella Michelin. Xa é o cuarto ano consecutivo que o recoñecido restaurante galego recibe este galardón, co que a Guía Michelin premia as mellores propostas gastronómicas de España e o mundo.

Dirixido polo chef Alberto González, o Restaurante Silabario A Sede ofrece unha proposta gastronómica baseada na tradición e o produto galego. Unha experiencia única en Vigo que, ademais, resulta accesible para todos os públicos. E é que Silabario segue sendo un dos restaurantes con Estrella Michelin máis económicos de Europa grazas ao seu Menú Berbés.

Un ano máis, o traballo, dedicación e esforzo de todo o equipo de Alberto González recibe o seu máis que merecido premio. A Estrella seguirá brillando no máis alto da Sede.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas