Siweb, patrocinador oficial do club, presenta a campaña “Kit Dixital Celeste“, unha iniciativa que nace co propósito de acompañar a autónomos e pequenas empresas da contorna celtista na súa transformación dixital, ofrecéndolles as ferramentas clave impulsar a súa dixitalización.
Que inclúe o Kit Dixital Celeste?
- Portátil Lenovo ThinkBook 16 G8 IRL 21SH.
Camiseta oficial do Celta personalizada.
Sygna, o software de xestión para autónomos e pemes de Siweb.
A participación nun sorteo exclusivo de 10 experiencias VIP que inclúen un circuíto por Abanca Balaídos e a entrada Sky Club para o partido Celta-Real Sociedade do próximo 19/10.
Ademais, os máis rápidos terán premio, xa que os primeiros 120 rexistrados recibirán unha entrada VIP no Sky Club para gozar do conxunto celeste como nunca antes.
O rexistro debe realizarse a través da web oficial da campaña: www.kitdigitalceleste.com
Unha iniciativa que non só achega ferramentas dixitais aos negocios, senón que tamén recoñece o esforzo e a dedicación de miles de autónomos e pequenos empresarios, que coa afouteza propia da familia celeste impulsan día a día os seus proxectos.
Carlos Salvador, director da área comercial do Celta, destaca a importancia de xerar este tipo de sinerxias co obxectivo de “apoiar, visibilizar e camiñar xunto a cada autónomo cara a un futuro dixital que fortaleza o tecido empresarial que nos rodea”.
Na mesma liña, Raúl García, CEO de Siweb, destaca que “a dixitalización debe ser accesible para todos, e o Kit Dixital Celeste é unha forma de achegar a tecnoloxía a autónomos e pemes, impulsando o seu crecemento e competitividade”.
Se es autónomo ou pequena empresa en España esta é a túa oportunidade para facer crecer o teu negocio coa determinación e espírito que nos define. Porque desde o Celta non só apoiamos o talento sobre o terreo de xogo, tamén cremos no esforzo e a constancia de quen emprende cada día. Non deixes pasar esta iniciativa pensada por e para ti. Inscríbete agora!
Esta campaña, que está dirixida a autónomos ou pemes con entre 1 e 3 empregados con domicilio fiscal en España, arrinca hoxe mesmo e estenderase ata o próximo 31 de outubro de 2025.