ESCUDO-1300x400-02
Celtismo

O RC Celta amplía a todos os seus abonados a solicitude do carné Miudiño para nenos menores de 5 anos

RC Celta

O RC Celta pon en marcha unha importante novidade no carné Miudiño, destinado exclusivamente a nenos e nenas menores de 5 anos, o cal estaba dispoñible ata o de agora unicamente para os fillos de abonados.

Desta maneira, calquera abonado poderá solicitar o carné para os máis pequenos; o alta terá un custo dunha cota única de cincuenta euros e o club seguirá mantendo a gratuidade do alta para os fillos menores de cinco anos de pais e nais abonados.

Se estás interesado en facer o mellor regalo este Nadal aos máis pequenos e queres saber que requisitos necesitas para solicitalo consulta a nosa web na seguinte ligazón ou escribe directamente [email protected], nos teléfonos 986.213.230 e 986.213.234.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas