A peña celtista aldanesa Teixugos Celestes celebrou onte, 12 de setembro, os seus primeiros dez anos de vida xunto aos xogadores do primeiro equipo do RC Celta Iván Villar, tamén orixinario de Aldán, e Manu Sánchez.
Na celebración que homenaxeaba a primeira década da agrupación celtista, tamén estiveron presentes o vicepresidente celeste Pedro Pousada e Germán Arteta, presidente da Fundación Celta, que quixeron acompañar aos peñistas no seu aniversario.
Teixugos Celestes, con máis de 360 integrantes, contou ademais coa presenza de representantes doutras peñas celtistas, dando exemplo da unidade e compañeirismo que existe entre o celtismo.
O club quere felicitar á peña polo seu aniversario e agradecer o seu compromiso e apoio ao longo de todos estes anos.