16-9
As Celtas

Todo listo para o regreso de As Celtas

RC Celta

As Celtas iniciará o vindeiro luns e martes a pretemporada 26/27 coas habituais probas médicas e físicas. O mércores será a quenda do primeiro adestramento sobre o céspede que se levará a cabo nas instalacións deportivas da Madroa.

Comeza así unha pretemporada que volverá ser clave para preparar un novo curso en Segunda Federación. Unhas semanas de traballo que permitirán ao equipo recuperar o ritmo de competición, seguir crecendo como grupo e chegar nas mellores condicións posibles ao comezo da liga, cuxa data oficial aínda está pendente de confirmación.

Mentres tanto, o conxunto dirixido por David Ferreira xa ten por diante varios encontros amigables que servirán para continuar coa posta a punto antes do comezo da competición:

  • · As Celtas – FC Famalicão: sábado, 1 de agosto (12:00h.)
  • · As Celtas – Victoria CF: sábado, 8 de agosto (12:00h.)
  • · As Celtas – SC Braga B: sábado, 15 de agosto (19:30h.) Campo Municipal de Bouzas – Baltasar Pujales
RC Celta

Etiquetas

As Celtas

Noticias recomendadas