260226_CELTAvsPAOK_Diego_aficion_057
Celtismo

Todos os horarios que necesitas se asistes ao Celta vs Olympique de Lyon esta noite

RC Celta

O Abanca Balaídos acollerá este xoves 12 de marzo, ás 21:00 horas, o encontro de ida dos oitavos de final da UEFA Europa League que enfrontará ao Celta contra o Olympique de Lyon. Para todos os celtistas que acudades ao estadio a apoiar ao equipo, aquí facilitámosvos información que pode ser do voso interese:

Apertura de portas:

As portas do estadio abrirán ás 19:45 horas. Para evitar aglomeracións e retrasos na entrada, recoméndase a todos os asistentes acceder polo menos 40 minutos antes do encontro. A tempada pasada incorporamos o chip de proximidade nos carnés para facilitar a súa lectura, ademais do NFC do teu carné dixital dispoñible na App. Poderase acceder ata as 22:30 horas.

Documentos de acceso:

Todos os asistentes deberán ter un documento de acceso para entrar ao estadio, incluso os máis pequenos, independentemente da súa idade. Ditos documentos poderán ser:

Carné de abonado de calquera categoría. No caso de non ter o abono físico, poderase acceder co carné dixital que xa se pode descargar no portal do celtista.

Entrada do partido.

Carné Miudiño.

Lémbrase que os carnés de abonado son intransferibles nas súas distintas categorías e, polo tanto, só poderán ser utilizados polo seu titular, agás o Carné celtista abonado en categoría Adulto, que é transferible excepto na grada de Marcador Baixo. Poderase solicitar un documento acreditativo da persoa con carné intransferible para poder acceder, denegándose a entrada no caso de que non coincida co titular.

Atención de incidencias:

O club pon á disposición de todos os espectadores un servizo de incidencias con entradas ou carnés que estará habilitado nas taquillas do estadio, desde a apertura das portas ata o comezo do partido. Non obstante, lémbrase a todos os abonados que desde o portal do celtista ou desde a App poden descargarse o abono dixital ou actualizalo. Non se farán duplicados de carnés a partir das 17:00 horas.

Apertura dos despachos de billetes:

Os despachos de billetes estarán abertas desde as 10:00 horas ata o comezo do encontro. Non obstante, para maior comodidade recoméndase consultar a dispoñibilidade e mercar as entradas na web del Celta.

Apertura da tenda oficial do estadio:

A tenda oficial do estadio abrirá este xoves de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 23:30 horas.

Museo Celta:

O Museo Celta abrirá as súas portas en horario ininterrompido de 10:00 a 20:30 horas, ofrecendo aos visitantes a oportunidade de coñecer a historia e o patrimonio do club a través das súas exposicións e contidos interactivos. Podes adquirir a túa entrada desde a página web ou na recepción da Área Celtista.

Servizo de consigna para carriños de bebé:

Para que os celtistas máis pequenos poidan acompañar aos seus papás, nais, avós ou avoas a animar ao seu equipo, o Celta pon á disposición dos afeccionados un servizo gratuíto de consigna para deixar os carriños de bebé mentres están no interior do estadio.

Este servizo estará habilitado na grada de Tribuna, ao lado do local da Federación de Peñas, entre as portas 10 e 11 de Tribuna, desde a apertura das portas de Abanca Balaídos e ata 15 minutos despois da finalización do encontro.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas