Hemeroteca celtismo

Tramita o teu abono celtista, tamén a fin de semana a través da plataforma online

RC Celta

abonosonline.jpg

Operativa as 24 horas do día, é o xeito máis cómodo de realizar renovacións e altas

 

A Campaña de Abonados continúa adiante, ofrecendo vantaxes especiais para todos os celtistas que tramiten o seu carné ata o próximo 30 de xuño. De luns a venres o carné pode xestionarse nos reformados despachos de billetes de Balaídos, en horario ininterrompido de 09:00h a 20:00h, pero a chegada do fin de semana non é escusa para non abonarse.

 

Unha tempada máis o club pon a disposición dos afeccionados a web www.celtavigo.org/abonosCelta, unha plataforma dixital operativa as 24 horas do día a través da que é posible realizar a renovación ou alta do abono da maneira máis cómoda, sen necesidade de ter que desprazarse ata o estadio.

 

O RC Celta anima a todos os seus abonados e afeccionados a tramitar o seu carné canto antes para aproveitar as vantaxes especiais. O celtismo afronta unha nova tempada cargada de alicientes, a dos 50 anos en Primeira División, e que xa deixou os seus primeiros momentos inesquecibles como o regreso do canteirán Iago Aspas. A comuñón entre afección, equipo e club, clave nos logros do celtismo durante as últimas campañas, volverá ser indispensable para seguir crecendo e avanzando cara a un futuro ilusionante: #CrecemosXuntos

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas