Hemeroteca celtismo

Últimos 10 días para abonarse con condicións especiais!

RC Celta

ARTICULO_WEB_CARAS-BEAUVUE_1300x740.jpg

 

Os despachos de billetes de Balaídos e a web www.celtavigo.org/abonosCelta continúan xestionando renovacións e altas a bo ritmo. A Campaña de Abonados 2016/17 avanza e xa quedan dez días para aproveitar as condicións especiais que o club ofrece durante o mes de xuño: renovacións cun 5% de desconto, acumulable ao familiar ou accionista, e exención de suplementos nos partidos designados como ‘Días do Club’, esta última unha vantaxe que tamén gozarán todas as novas altas realizadas antes de finalizar o mes.

 

Ademais, a Campaña de Abonados 2016/17 ofrece a posibilidade de financiar o carné en cómodas cotas de até 12 meses. Para iso tan só é necesario presentar o DNI e un xustificante de titularidade de conta de calquera entidade bancaria.

 

O horario de atención ao cliente en Balaídos é de 09:00 a 20:00 de luns a venres. O club anima aos afeccionados a utilizar a web www.celtavigo.org/abonosCelta para xestionar o seu ‘Abono Total’, que dá dereito a asistir a todos os partidos de Liga, Copa e Europa League, para así evitar o desprazamento ao estadio.

 

Toda a información sobre a Campaña de Abonados aquí

Abónate online aquí

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas