20240915_RCCELTAvsVALLADOLID_CARCAMANS-2
Celtismo

Unha galería de imaxes sobre as ondas do mar de Vigo!

RC Celta

Na pasada xornada, a peña Carcamáns surcaba as ondas do mar de Vigo na súa travesía cara ao estadio Abanca Balaídos onde se disputaría o partido entre o RC Celta e o Real Valladolid. Unha viaxe en catamarán desde o porto da Illa de Arousa ata arribar ao porto de Vigo facendo un enriquecedor percorrido por unha das paraxes naturais máis bonitas de Galicia. Unha aventura impulsada por un sentimento, un sentimento celeste que se dirixía nunha mesma dirección, gozar todos xuntos dunha nova xornada de LALIGA EA SPORTS.

Tanto se formaches parte desta travesía coma se non, non te perdas a galería de imaxes desta aventura con sabor a salitre.

Grazas polo voso apoio incondicional e por facer posibles estas tolemias celestes!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas