atletico
Celtismo

Ven a gozar do Celta-Atlético de Madrid en Abanca Balaídos!

RC Celta

Xa podes facerche coa túa entrada para o partido entre o Celta e o Atlético de Madrid, que se xogará o próximo 5 de outubro ás 21:00 horas en Abanca Balaídos. A partir de hoxe ás 17:00 horas, as entradas están dispoñibles desde 30 euros para Carné Celtista e desde 40 euros para público xeral.

As primeiras 24 horas, a venda será exclusiva para celtistas, e a partir do xoves 11 de setembro ás 17:00 horas, abrirase ao resto.

Esperámoste para vivir xuntos moito máis que un partido, xa que esta tempada, vir a Balaídos é gozar do museo do club, coñecer os segredos do estadio antes do encontro ou formar parte de experiencias únicas como ver o quecemento desde o céspede ou lanzar un penalti tras o asubío final. Consulta AQUÍ todas as experiencias que che permitirán vivir o Celta como nunca antes.

Non o perdas e goza como nunca en Abanca Balaídos!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas