Os afeccionados do RC Celta serán protagonistas dun dos acontecementos máis relevantes do Centenario do club. Poderán participar na gravación do videoclip do himno do Centenario baixo as ordes de Antón Álvarez (C. Tangana), unha peza cinematográfica única que formará parte para sempre da historia celeste.
A rodaxe, a cargo da prestixiosa produtora Little Spain, terá lugar na noite do 3 de xuño nun coñecido punto da Ría de Vigo.
Para participar neste singular evento, os afeccionados deberán cubrir un formulario no que se especifican as condicións requiridas, entre elas ser maior de idade. Se o número de rexistrados supera ao de prazas dispoñibles realizarase a selección por orde de inscrición.
Cubre o formulario: AQUÍ