As Celtas celebrou este mediodía en A Madroa a inauguración dos seus novos vestiarios cunha vitoria 2-0 fronte ao PM Friol, un triunfo que deu paso a unha xuntanza con música e comida tradicional galega para abrir as portas ao que xa é o novo corazón do equipo.
O evento foi un gran éxito, coa participación do celtismo e diversas autoridades, que puideron coñecer de preto as novas instalacións e gozar dun momento de comuñón.
Ademais, durante a benvida a este novo espazo, tivo lugar a primeira fotografía coa primeira pena oficial rexistrada de As Celtas, unha imaxe para o recordo.
O club, que dá un paso importante no seu desenvolvemento coa apertura destes vestiarios, quere agradecer a todos os que fixeron posible a celebración e confía en que este novo lugar de traballo sexa o motor de futuras vitorias e alegrías para o equipo e para a afección.