Hemeroteca celtismo

Vodafone e o Real Club Celta dan un paso máis no seu acordo de colaboración

RC Celta

Vodafone-Celta.jpg

Abonados e afeccionados recibirán regalos como smartphones de alta gama e polos oficiais do Celta

 

O Real Club Celta de Vigo e Vodafone España deron un paso máis como parte do acordo de colaboración asinado en agosto de 2012, pioneiro no fútbol español e que permitiu o desenvolvemento de numerosas e novas iniciativas conxuntas ao longo da tempada.

 

Nesta ocasión, o acordo inclúe unha nova promoción de agasallos para abonados e afeccionados do Real Club Celta de Vigo, que poderán obter polos oficiais do equipo, Posters asinados por xogadores e smartphones de alta gama no estadio e nas tendas Vodafone na provincia de Pontevedra.

 

Durante estes meses a compañía regalou entradas para os partidos aos seus clientes, entregou posters en colexios xunto cos xogadores do equipo e nos puntos de venda Vodafone. Ademais, organizou visitas guiadas polo estadio para adultos e nenos,repartiu camisetas e mellorou a cobertura de rede no estadio Balaídos.

 

Eduardo Bastarós, manager da unidade de negocio de particulares de Galicia de Vodafone España, comentou: “Con esta innovadora iniciativa Vodafone mostra unha vez máis o seu compromiso co celtismo. O noso compromiso é estar preto dos nosos clientes e cremos que a través do fútbol e, nesta ocasión, o Celta de Vigo poden axudarnos a conseguir este obxectivo”.

 

Vodafone España

 

Vodafone España forma parte do Grupo Vodafone, unha das maiores compañías de telecomunicacións do mundo por ingresos, con presenza en 30 países dos 5 continentes, e acordos con outros 50 en todo o mundo. Vodafone proporciona un abanico completo de servizos de telecomunicacións móbiles, incluídas comunicacións de voz e de datos para o acceso de 403 millóns de Clientes proporcionais a 31 de decembro de 2012. Os máis de 15.344.000 Clientes de Vodafone España benefícianse da experiencia e capacidade desta empresa líder mundial, que axuda aos seus Clientes -individuos, negocios e comunidades- a estar mellor conectados no mundo móbil. Para máis información, por favor visita www.vodafone.es

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas