
Xa podes facerte coa túa entrada para o partido entre o Celta e o Athletic Club, correspondente á xornada 16 de Laliga EA Sports que se disputará o vindeiro domingo, 14 de decembro, ás 16:15 horas en Abanca Balaídos.
A partir de hoxe ás 12:00 horas, as entradas están dispoñibles desde 25 euros para Carné Celtista e desde 30 euros para público xeral. As primeiras 24 horas, a venda será exclusiva para celtistas, e a partir do mércores 19 de novembro ás 12:00 horas, abrirase ao resto.
Non perdas a oportunidade de vivir o Celta dunha maneira especial, cantar o himno “Oliveira dos Cen Anos” en directo, sentir a paixón da bancada, ver o quecemento sobre o céspede, coñecer todas os recunchos do estadio ou lanzar penalties como un dos teus ídolos tras o asubío final. Consulta AQUÍ todas as experiencias únicas coas que gozarás de Abanca Balaídos como nunca antes.