entrada
Celtismo

Xa están á venda as entradas para o RC Celta – Sevilla CF!

RC Celta

Comeza o proceso de venda de entradas para o partido, correspondente á Xornada 35 de LALIGA EA SPORTS, que enfrontará ao RC Celta e ao Sevilla CF. Non perdas a oportunidade e ven a animar ao primeiro equipo celeste no penúltimo encontro na casa que terá lugar o sábado, 10 de maio, ás 16:15 horas en Abanca Balaídos.

A venda levarase a cabo en dúas fases. Os posuidores de carné celtista en calquera das súas modalidades xa poden comprar as entradas de forma anticipada. Mentres, o público xeral poderá facelo a partir de mañá ás 17:00 horas AQUÍ. O prezo das mesmas será desde 20€ para celtistas e 25€ para os que non dispoñan de carné.

A tempda vai chegando ao seu fin así que a emoción está asegurada, non perdas a oportunidade de vir a Abanca Balaídos e gozar xuntos dunha nova xornada. Esperámosvos, afección!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas