[button url=”https://www.rccelta.es/taquillaCelta” target=”blank”]Merca as túas entradas online (só categoría ADULTO)[/button]
Ao Celta agárdalle un intenso e apaixonante calendario de partidos, cun puñado de encontros de máximo atractivo a disputar en Balaídos. Os celestes reciben o domingo 17 de decembro ao Villarreal CF e, xa en 2018, abrirán o novo ano cun emocionante choque de oitavos de Copa do Rei ante o FC Barcelona o xoves 4 de xaneiro ás 19:00 e outro de Liga ante o Real Madrid (domingo 7 de xaneiro ás 20:45).
Os despachos de billetes do estadio abren de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas e os días de partido desde as 10 ata o inicio do partido sen interrupción. As entradas tamén poden adquirise en www.rccelta.es/taquillaCelta (só categoría ADULTO). Ante o conxunto castellonés os prezos oscilan entres os 10€ e os 30€ en categoría SUB-25 e entre 20€ e 50€ para ADULTOS e para o potente encontro ante o FC Barcelona os billetes apenas sofren incremento, con entradas desde 20€ e 40€.
En canto ao partido contra o Real Madrid, o club lembra que será ‘Día do Club’ e por tanto os abonados que xestionaron o seu carné fóra de data promocional deberán adquirir un suplemento para acudir ao estadio.
Os despachos de billetes de Balaídos permanecen abertas durante decembro de luns a venres en horario ininterrompido de 10:00 a 20:00 horas. Os días de partido abren desde as 10:00 ata o inicio dos encontros.