20250827_PartidoAdri_CELTAvsBETIS_Aficion-11
Celtismo

Xa á venda as entradas do Celta – Betis

RC Celta

Xa están á venda as entradas para a décima xornada de LaLiga EA Sports que enfrontará o Celta e o Real Betis Balompié en Abanca Balaídos o vindeiro 25 de outubro ás 16:15h.

A partir de hoxe mesmo ás 12:00h., as localidades estarán dispoñibles para Carnet Celtista desde 25 euros. Pasadas as primeiras 24 horas, abrirase ao público xeral desde un prezo de 30 euros.

Vir a Abanca Balaídos é moito máis que gozar dun partido de fútbol, é vivir o Celta dunha maneira especial, cantar o himno “Oliveira dos Cen Anos” en directo, sentir a paixón da bancada, ver o quecemento sobre o céspede, coñecer todos os recunchos do estadio, ser un dos abandeirados do encontro ou lanzar penaltis como un dos teus ídolos tras o asubío final. Consulta AQUÍ todas as experiencias únicas coas que gozarás do noso templo como nunca antes.

Agardámosvos, celtistas!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas