entradas
Celtismo

Xa están á venda as entradas para o Celta – Málaga CF

RC Celta

Xa están á venda as entradas para a quinta xornada de Laliga EA Sports que enfrontará ao Celta e ao Málaga CF en Abanca Balaídos (hora e día aínda por confirmar).

A partir de hoxe mesmo ás 16.00 horas, as localidades estarán dispoñibles para Carné Celtista desde 20 euros. Pasadas as primeiras 24 horas abrirase ao público xeneral desde un prezo de 25 euros.

Vir a Abanca Balaídos é moito máis que desfrutar dun partido de fútbol, é vivir o Celta dun xeito especial, cantar o himno “Oliveira dos Cen Anos” en directo, sentir a paixón da bancada, ver o quecemento sobre o céspede, coñecer todas as reviravoltas do estadio, ser un dos abanderados do encontro ou lanzar penaltis como un dos teus ídolos tras o asubío final. Consulta AQUÍ todas as experiencias únicas coas que desfrutarás do noso templo como nunca antes.

Esperámosvos!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas