sergi-gomez-foto-liga.jpg
Primeiro Equipo

A lesión de Sergi Gómez obligaralle a pasar por quirófano

RC Celta

O doutor García Cota, xefe dos servizos médicos do RC Celta, pasou este xoves pola sala de prensa da Madroa para explicar con detalle a situación do lesionado Sergi Gómez así como outros temas vinculados á área que dirixe.

Sergi Gómez terá que pasar por quirófano

Sergi Gómez sufriu no Camp Nou unha luxación escapulohumeral do ombreiro dereito, unha lesión que xa sufrira hai anos. Como consecuencia, o xogador ten agora unha serie de lesións no ombreiro que afectan a estruturas que interveñen na mobilidade da articulación.

O galeno celeste, que valora a boa evolución da lesión nos últimos días, optou por un tratamento conservador que apartará ao futbolista dos terreos de xogo durante dous ou tres semanas, pero tendo en conta que nalgún momento será necesario intervir ao xogador, unha operación que lle tería ao redor de dúas ou tres meses de baixa.

A idea dos servizos médicos é recuperar canto antes a Sergi Gómez e, se non hai maiores contratempos, realizar a cirurxía unha vez finalice a tempada. É probable que a finais da próxima semana comece a traballar co grupo, momento no que se valorará se xa pode reintegrarse ao equipo.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas