O próximo partido no estadio de Abanca Balaídos entre RC Celta y Getafe CF estará adicado a unha importante causa: a loita pola tolerancia, a igualdade e a non violencia de xénero.
O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, e o secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, asinaron o pasado 22 de outubro un convenio de colaboración e patrocinio encamiñado a amplificar a difusión da campaña contra a violencia de xénero que desenrola a administración galega.
Nos prolegómenos do partido, o estadio vigués proxectará diversas mensaxes a través da megafonía y dos videomarcadores. Ademais, os xogadores celestes posarán para a foto de equipo co cartel da campaña y o lema “Fronte á violencia de xénero só cabe unha resposta. Sen ningún xénero de dúbida: NON”.
As redes sociais do club tamén faranse eco desta importante iniciativa coa publicación de varios vídeos protagonizados por xogadores, técnicos, canteiráns e afeccionados.