Hemeroteca primer equipo gl

A pola épica! Old Trafford decidirá se o soño continúa (0-1)

RC Celta

celtaunited040517.jpg

 

O Manchester adiantouse no camiño a Solna. Fíxoo cun gol de falta directa, obra de Rashford, cando mellores sensacións ofrecía o Celta. Os de Berizzo tentaron igualar o marcador ata o último alento, pero non foron capaces de superar a rochosa defensa dos ingleses. O RC Celta buscará a épica en Old Trafford, “o teatro dos soños”.

 

Primeira parte de ti a ti ante o todopoderoso Manchester United. O RC Celta arrincou o partido con timidez, pero só tivo que entrar un pouco en calor para soltarse e empezar a mirar aos ollos aos “red devils”.

 

Wass tivo unha boa ocasión de cabeza a centro medido de Radoja e que se marchou moi preto do poste. Tamén o tentou Sisto cun par de disparos desde fóra da área. O gran protagonista do primeiros corenta e cinco minutos foi un estupendo Sergio Álvarez, en estado de graza, que salvou ao Celta ata en tres ocasiones moi claras para o Manchester.

 

Nada máis arrincar o segundo tempo, Iago Aspas rozou o gol cun intelixente remate de cabeza asistido por John Guidetti. De novo, o balón saíu fóra por non moito. Os celestes gañaron a posesión do balón, algo fundamental no xogo deseñado por Eduardo Berizzo. Notouno o equipo vigués que comezou a gañar peso no encontro.

 

Con todo, foi o Manchester United quen desequilibrou o marcador. A pouco máis de vinte minutos para o final Rashford marcou de falta directa desde o bordo da área céltica. Foi un xerro de auga fría que deixou aletargado aos galegos durante un bo intre. Os xogadores célticos recuperaron sensacións na recta final do partido e comezaron a batallar con “afouteza e corazón” ante un rochoso rival, ben pechado e cun nivel de presión moi alto. Non foi capaz o Celta de superar aos de Mourinho e o marcador non se moveu. Old Trafford decidirá.

 

FICHA TÉCNICA

0-CELTA: Sergio, Hugo Mallo (Beauvue, min.91), Cabral, Roncaglia, Jonny, Radoja, Pablo Hdez., Wass (Jozabed, min.74), Iago Aspas, Guidetti, Sisto.

 

1-MANCHESTER UTD: Romero, Valencia, Bailly, Blind, Darmian, Pogba, Ander Herrera, Fellaini, Rashford (Martial, min.79), Lingard, Mikhitaryan (Young, min.78; Smalling, min.89).

 

Goles: Rashford, min.67, 0-1.

 

Árbitro: Sergei Karasev, de Rusia. Amonestou a Hugo Mallo (Celta); Fellaini (Manchester Utd.).

 

Campo: Balaídos (26.202 espectadores).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas