GG2A9915
Primeiro Equipo

Actualizacións do parte médico: Renato Tapia e Javier Manquillo

RC Celta

Renato Tapia e Javier Manquillo reciben o alta e alta parcial tras 4 e 2 semanas de baixa respectivamente.

O centrocampista peruano, que sufría unha rotura fibrilar de grao I no recto anterior dereito, realizou  a totalidade do traballo co grupo. Foi fronte á afección no último adestramento a portas abertas en Abanca Balaídos do pasado Venres Santo.

Manquillo, que sufriu unha fisura no radio distal da boneca dereita o 17 de marzo no Sevilla FC – RC Celta, tamén se incorporou con normalidade ao equipo esta mañá do Venres Santo en Abanca Balaídos. Adestramento normal usando inmobilización a pesar de que a lesión ósea tardará unhas 6 semanas en estar resolta completamente.

Ambos estarán dispoñibles para o RC Celta – Raio Vallecano que terá lugar en Abanca Balaídos o vindeiro domingo 31 de marzo ás 14:00h.

Carlos Dotor iniciou adestramento limitado con grupo tras a operación de pubalxia á que se someteu o pasado 1 de marzo.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas