O RC Celta e o Real Valladolid chegaron a un acordo para a cesión de Joseph Aidoo.
O defensa ganés viaxa a Valladolid para disputar o segundo tramo da tempada tras unha etapa destacada no club celeste. Entre LALIGA EA SPORTS e Copa del Rey, foron 10.622 minutos, repartidos en 138 encontros, os que o central defendeu o escudo celeste, anotando catro goles e dando dúas asistencias.
Desde a súa chegada a Vigo na tempada 19/20, Aidoo soubo gañarse o agarimo da afección, co seu esforzo, traballo no campo e dedicación. Pero tamén fóra del, co seu carisma, proximidade, compañeirismo e simpatía.
O RC Celta quere desexarlle o maior dos éxitos neste novo capítulo da súa carreira, no que seguro seguirá deixando pegada.
Sorte, Aidoo!