MARCHE 1
Primeiro Equipo

Marchesín recibe a alta médica tras 7 meses afastado do terreo de xogo

RC Celta

O gardameta do RC Celta Agustín Marchesín recibiu a alta médica despois de que o pasado mes de febreiro sufrise unha rotura total do tendón de Aquiles esquerdo.

A lesión mantivo ao porteiro arxentino afastado dos terreos de xogo durante 7 meses, tempo que investiu en recuperarse e facer, coa máxima dedicación, os exercicios de rehabilitación necesarios xunto aos profesionais do servizo médico do club.

Finalmente, o esforzo e o incansable tranajo deron o seu resultado e Marchesín recibiu o alta que lle permite volver ás dinámicas do grupo nesta recentemente estreada tempada 2023/24 de LaLiga EA Sports.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas