sofiane-boufal-entrenamiento-madroa-vigo-celta-250918.jpg
Primeiro Equipo

Boufal entra nunha enfermaría da que sae o capitán Hugo Mallo

RC Celta

O parte médico do primeiro equipo chegou na previa do partido ante a Valencia con boas e malas noticias. No lado positivo, o capitán Hugo Mallo recibiu a alta médica tras recuperarse da elongación no bíceps femoral esquerdo que arrastraba desde o pasado 20 de setembro. O defensa celeste podería mesmo xogar de inicio en Mestalla, segundo deixou entrever o adestrador Antonio Mohamed en rolda de prensa.

No lado negativo, Sofiane Boufal non viaxará a Valencia por unhas molestias no nocello dereito. O internacional marroquí sofre unha tenosinovitis tibial posterior, lesión menor que con todo impediralle participar no partido ante o conxunto ché.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas