ESCUDO-1300x400-02
Primeiro Equipo

Calendario celeste de LaLiga 21/22

RC Celta

Xa temos o calendario de LaLiga 21/22!  O RC Celta debutará a fin de semana do 15 de agosto en Abanca Balaídos co Atlético de Madrid, actual campión da competición. Os pupilos de Eduardo Coudet non terán un inicio nada sinxelo, enfrontándose no primeiras catro xornadas contra Atlético, Osasuna, Athletic e Real Madrid, respectivamente.

Comezaremos en casa, o que permitirá ao celtismo apoiar ao equipo nos primeiros minutos da nova tempada. Un comezo cheo de ilusión pola volta do público ás bancadas e que seguro impulsará aínda máis aos nosos xogadores para loitar pola vitoria.

Na última xornada enfrontarémonos ao Valencia CF en Mestalla, nun duelo que seguro será complicado.
Non será fácil, pero loitaremos con orgullo e paixón en cada partido. A por unha nova tempada!

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas