1300x400
Primeiro Equipo

Carl Starfelt, contundencia, fiabilidade e solidez para fortalecer a defensa do RC Celta

RC Celta

Carl Starfelt (Estocolmo, 1 de xuño de 1995) xa forma oficialmente parte do persoal do RC Celta. O defensa central, que chega a Vigo procedente do Celtic FC da liga escocesa, vestirá a celeste por catro tempadas, ata 2027.

O sueco, internacional e habitual nas últimas convocatorias coa súa selección, destaca polas súas grandes actuacións e o bo traballo que veu desempeñando ao longo das pasadas campañas.

Mostra diso son as súas impresionantes estatísticas da pasada tempada na liña defensiva: primeiro en intercepciones, primeiro en despexes de balón certeiros, líder en bloqueos ao rival e 70% de vitorias en disputas en xogo aéreo.

Non é de estrañar por todo iso que o central se gañase a titularidade indiscutible no equipo de Glasgow. Desde que chegou no mercado estival de 2021, Carl Starfelt disputou un total de 7.501 minutos distribuídos en 87 partidos, e colaborou co seu equipo para proclamarse campións da liga Escocesa e da Copa da Liga en 2022, así como campións da Copa Escocia a pasada tempada 2022/23.

O RC Celta fortalece con esta fichaxe, o quinto deste verán, o seu defensa e suma ás súas filas un xogador contundente, férreo, rápido e seguro. Un futbolista con grandes condicións que, co resto dos seus compañeiros, loitará ao máximo por defender o escudo celeste ao longo desta campaña tan especial para os celtistas como é a do Centenario do club.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas