
O Celta e o Real Oviedo pecharon a cesión de Carlos Domínguez, que xogará a próxima tempada no conxunto asturiano tras unha salientable etapa como celeste.
O defensa pon así rumbo a Asturias despois de toda unha vida ligada ao Celta, club no que se formou e no que creceu como profesional ata converterse no xogador que é hoxe.
Durante máis de 9.200 minutos entre o fútbol base e o primeiro equipo, Carlos defendeu a camiseta do celeste con compromiso, orgullo e dedicación, completando un camiño desde a canteira ata a elite que lle permite agora afronta un novo reto no Oviedo, onde continuará o seu desenvolvemento en busca de seguir sumando experiencia ao máximo nivel.
O Celta deséxalle ao xogador o maior dos éxitos nesta nova aventura.
Sorte, Carlos!