
O Celta e o Málaga CF alcanzaron un acordo para a cesión de Carlos Dotor para a tempada 26/27. Deste xeito, o centrocampista madrileño volverá vestir a camiseta branquiazul e estará ás ordes de Juanfran Funes tras a gran campaña protagonizada o pasado curso na Rosaleda.
Despois dunha tempada moi especial en Málaga, onde disputou 40 partidos oficiais, asinou un gol e deu catro asistencias, consolidándose como unha peza importante no histórico ascenso do conxunto andaluz a Primeira División, Dotor continuará o seu crecemento deportivo nunha contorna que coñece á perfección.
O Celta quere desexarlle o maior dos éxitos nesta nova etapa e confía en que continúe demostrando todo o seu talento.
Sorte, Dotor!