O defensa arxentino Facundo Roncaglia, que defendeu a camiseta do RC Celta durante o últimas tres tempadas, quixo despedirse cunha carta do club e de todo o celtismo antes de comezar unha nova etapa profesional.
Queridos amigos.
Hoxe péchase unha etapa onde crecín como profesional e persoa. Só teño palabras de agradecemento aos compañeiros cos que compartín vestiario, aprendín moito e dos que me levo o mellor recordo de cada un.
Tamén agradecer a todos os adestradores, corpo médico, utilleiros e directivos do Club… E por riba de todos, grazas á afección polo agarimo, respecto e alento desde o día que cheguei! Grazas, grazas, grazas! E… un ata logo!