matchday-celta-vigo-lazio-memorial-quinocho-abanca-balaidos-2019.jpg
Primeiro Equipo

O fútbol regresa este sábado a Abanca Balaídos co Memorial Quinocho

RC Celta

O RC Celta volve este sábado a Abanca Balaídos case tres meses despois do seu último partido no estadio vigués. O conxunto celeste medirase á SS Lazio (20.00 horas), vixente campión da Copa de Italia, con motivo do XXIV edición do Trofeo Memorial Quinocho.

O encontro servirá ademais para presentar ao primeiro equipo antes de que comece unha ilusionante tempada. Os xogadores e corpo técnico do primeiro plantel saltarán ao céspede a partir das 19.30 horas para saudar a todos os afeccionados.

No descanso farán acto de presenza no campo todos os equipos das categorías inferiores. No intermedio tamén se vivirá un momento moi especial con Iago Aspas como protagonista. O canteirán celeste recibirá de mans do presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, a medalla de ouro ao mérito deportivo.

Doutra banda, o peche da Bancada de Río por parte do Concello impide ao club pór entradas á venda para o público xeral. Ademais, aqueles abonados que queiran asistir ao partido, sexan da bancada que sexan, deberán retirar unha invitación xa que non se poderá acceder con carné (excepto os socios da Bancada Siareiros que se situarán en Fondo). Esta medida supón unha lóxica incomodidade para os abonados celestes, pero é a única maneira de garantir o posible acceso aos socios da Bancada de Río.

Celta Media retransmite o encontro en directo a través da canle oficial do club en YouTube

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas