ESCUDO-1300x400-01
Primeiro Equipo

Denis Suárez desata a euforia de Abanca Balaídos cun gol sobre a bucina (1-0)

RC Celta

O RC Celta conseguiu ante o Granada a súa segunda vitoria da tempada. Foi grazas a un tanto de Denis Suárez, asistido por Santi Mina, nun final de auténtico infarto.

Un primeiro tempo con dominio celeste, pero escasas ocasións. O RC Celta foi quen de construír varias xogadas ofensivas que o plantaron na área nazarí, pero o balón non terminou de acabar entre o tres paus. A mellor do Selecta tívoa Soro aos vinte e catro minutos, pero Dituro adiantouse con acerto para bloquear o lanzamento co seu corpo.

O RC Celta foi de menos a máis na segunda parte, intensificando as súas ofensivas, cada vez máis perigosas. No minuto 69, Santi Mina caeu derrubado na área rival e o colexiado non o dubidou: penalti a favor do RC Celta. O encargado de executalo foi todo un especialista, Iago Aspas, e contra todo prognóstico o lanzamento non acabou no fondo da rede. Paradón de Maximiano para evitar o tanto celeste.

Os de Coudet non viñeron abaixo e seguiron insistindo, aínda que con dificultades para finalizar. Xa no tempo de desconto sucedéronse os acontecementos nun final de infarto.

No minuto 93 aparecía Matías Dituro para salvar unha dobre ocasión do Granada e, apenas un minuto despois, Abanca Balaídos viña abaixo con Denis Suárez. Gol do galego a pase de Santi Mina, segundo tanto do céltico coa camiseta do RC Celta e vaia gol, o que dá a segunda vitoria consecutiva esta tempada.

 

FICHA TÉCNICA

1 – RC CELTA: Dituro, Hugo Mallo, Araújo (Okay, min.86), Murillo, Galán, Tapia (Solari, min.86), Beltrán, Brais Méndez (Galhardo, min.78), Nolito, Iago Aspas, Santi Mina.

0 – GRANADA CF: Maximiano (Escandell, min.77), Gonalons (Montoro, min.18), Luis Milla, Germán, Soro, Suárez, Puertas (Escudero, min.77), Neva, Quini, Bacca, Duarte (Víctor Díaz, min.77).

Goles: Denis Suárez (1-0, min.94).

Árbitro: Soto Grado, do comité murciano. Amonestou a Brais Méndez, Iago Aspas (RC Celta), Puertas, Montoro, Quini, Escandell, Neva, Jorge Molina (Granada).

Campo: Abanca Balaídos (6.375 espectadores).

Observacións: antes do partido el RC Celta rendiu homenaxe aos xogadores que protagonizaron a primeira clasificación do club a competicións europeas, fito do que se cumpren cincuenta anos.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas