O RC Celta ofrecerá aos afeccionados que non poidan desprazarse a posibilidade de seguir os primeiros partidos amistosos do equipo celeste esta pretempada. Celta Media producirá e retransmitirá a través da canle de Youtube do club, www.youtube.com/RealClubCeltadeVigo, os encontros de preparación ante Córdoba e Braga.
Os seguidores celestes poderán deste xeito gozar a través de Celta Media do primeiro encontro do conxunto de Antonio Mohamed, que se disputará este sábado ás 20.00 horas ante o Córdoba no campo Baltar de Portonovo e uns días despois, o 27 do presente mes de xullo, ante o SC Braga ás 20.30 horas en Portugal.