20221210_Amistoso_RCCeltaVsFCVizela_1
Primeiro Equipo

Vitoria no segundo amigable ante o Vizela (2-0)

RC Celta

20221210_Amistoso_RCCeltaVsFCVizela_1Vitoria do RC Celta no segundo amigable de preparación da seguinte fase da tempada ante o FC Vizela portugués disputado na Cidade Deportiva Afouteza (2-0)

O primeiro tempo estivo marcado pola igualdade no marcador, no que ambos os equipos probaron sensacións e o RC Celta probou varias veces a portería rival. O descanso serviu para darlle unha oportunidade aos suplentes, onde Carlos Carvalhal introduciu 7 cambios.

Na segunda parte, un gol de Carles Pérez poñía por diante ao RC Celta, que se duplicaría cara ao final do partido con outro tanto de Strand Larsen.

O seguinte amigable será este martes #ante o Brentford en Londres.

FICHA TÉCNICA

2 – RC CELTA: Iván Villar; Mingueza, Unai Núñez, Tapia, Javi Galán; Pablo Durán, Óscar, Gabri Veiga, Fran Beltrán; Franco Cervi; Iago Aspas, Paciência. Tamén xogaron Kevin, Carlos, Galán, Swedberg, Luca de la Torre, Larsen e Carles Pérez.

0 – FC VIZELA: Luiz Felipe; Carlos Isaac, Ivanildo, Aidara, Matheus; Rashid, Diego Rosa, Tomás Silva; Sarmiento, Cann, Schmidt.

Goles: 1-0 Carles Pérez (Min. 55′), 2-0 Larsen (Min. 86′)

Árbitro: Juncal Moreira, do colexio galego. Amoestou a Claudemir polo FC Vizela.

Campo: Cidade Deportiva Afouteza.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas