16-9-23
Novas primeiro equipo

Claudio Giráldez confirma que Hugo González contará con ficha do primeiro equipo

RC Celta

Hugo González seguirá vinculado ao primeiro equipo do Celta esta tempada. Así o confirmou Claudio Giráldez tras o último amigable ante o Napoli, no que o técnico deu un paso máis na configuración do cadro e asegurou que o dianteiro disporá de ficha do primeiro equipo para o curso que comezará o vindeiro domingo en Abanca Balaídos ante o CA Osasuna.

A decisión chega despois dunha pretempada sobresaliente do atacante, que viu porta en case todos os amigables e que asinou a súa mellor actuación ante o Sassuolo, onde marcou tres goles en apenas catro minutos. Un rendemento que confirma o gran momento de forma dun futbolista que xa foi determinante a pasada campaña no ascenso do Celta Fortuna a Segunda División.

Claudio Giráldez destacou que Hugo González “incorpórase con nós xa con todas as da lei” e que “vai ser un xogador noso durante toda a tempada”, poñendo en valor que “derrubase a porta do primeiro equipo a base de traballo, de evolución, de goles” tanto durante a pretempada como o pasado curso. “Creo que é moi merecido que estea con nós este ano e estamos convencidos de que nos vai achegar moito”, engadiu o técnico. Pola súa banda, Hugo mostrouse “súper contento e con moitísimas ganas” de afrontar a súa primeira tempada en Primeira División e asegurou que “desde o primeiro momento me sentín súper cómodo e o bo ambiente fíxome atopar o meu sitio”. “Cando un está feliz, as cousas saen soas”, concluíu.

Parabéns, Hugo!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Siguiente noticia

Noticias recomendadas