Primeiro Equipo

COPA | Celta e afección retoman o xoves o seu soño nunha xornada histórica: entradas xa á venda con vantaxes para abonados

RC Celta

celtaalavesjohn.JPG

 


BILLETEIRA ONLINE (só categoría ADULTO)


 

Partido histórico, único, o primeiro dun reto descomunal, pero cargado de ilusión e esperanza. O RC Celta recibe o vindeiro xoves ás 21.00 horas ao Deportivo Alavés en Balaídos no partido de ida das semifinais da Copa do Rei. Hai apenas unhas horas, a afección levou polo aire ao equipo cara a este punto. O xoves toca retomar a persecución do soño, coa bancada como elemento fundamental.

 

As entradas para este encontro, que será Día do Club, están xa a lle venda desde esta tarde nas billeteiras do estadio, con prezos entre 25 e 70 euros para adulto e entre 15 e 30 para Sub-25 e euros e cun desconto do vinte por cento para abonados, que do mesmo xeito que no anterior choque non terán necesidade de retirar suplemento.

 

A cita coa historia será en apenas seis días, ante un rival extremadamente complicado con idéntico soño que os celestes. O apoio do celtismo será vital para soster ao equipo, para empuxalo e vigorizarlo nunhas semifinais apaixonantes.

 

Os abonados celestes, que non necesitan suplemento para asistir ao encontro, poderán retirar días entradas para o seu mesma categoría e da bancada que elixa, salvo Fondo, até final de existencias cun vinte por cento de desconto.

 

As billeteiras abrirán esta tarde de 17.00 a 20.00 horas, mañá, sábado, de 10.00 a 14.00 horas, de luns a mércores con ese mesmo horario e o día de partido, xoves, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas. As entradas tamén poden comprarse en www.celtavigo.org/taquillaCelta

 

preciosceltaalavesok.jpg

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas