Primeiro Equipo

COPA | O Alavés resiste o asedio celeste e a eliminatoria decidirase en Mendizorroza

RC Celta

jonny-celala-020217.jpg

 

O Celta acariñou o gol no partido de ida da semifinal de Copa do Rei, pero os postes e o porteiro branquiazul frustraron as arremetidas celestes. O partido arrincou tremendamente igualado e mantívose así até o tramo final, no que o Celta angustiou ao Alavés na súa propia área e tivo ocasións moi claras para adiantarse na eliminatoria. Todo por decidir na volta.

 

Primeira parte de máxima igualdade. O Celta topouse cun Alavés rochoso e moi ben ordenado que apenas concedeu opcións aos de Berizzo. Os vigueses comezaron dominando e acaparando o balón, pero a ocasión máis clara chegou ao lado branquiazul. Ao bordo do descanso Sergio voou para evitar un gol cantado de Manu García. Impresionante a intervención do porteiro galego.

 

A réplica de Pacheco, gardameta do Alavés, chegou ao comezo do segundo tempo. Aspas recibiu o balón só, no pico da área, e rematou a porta con todo a favor, pero apareceu o porteiro para erixirse en salvador do cadro vasco cunha fantástica parada.

 

E no minuto 66 a máis clara para o Celta, un jugadón dos galegos. Marcelo Díaz envío un centro medido á área e Wass cabeceou atrás para o remate de Iago Aspas. O disparo do moañés golpeou no traveseiro, botou a centímetros da liña de gol e marchouse fóra. Pouco despois nova oportunidade. Centro ao corazón da área e remate de cabeza, de novo de Aspas. O esférico saíu desviado. Eran, sen dúbida, os mellores momentos do Celta.

 

Non cejaba no seu empeño o de Moaña que, incansable, a punto estivo de marcar cun fermoso remate de chilena. O conxunto olívico veu arriba e iniciou un impresionante asedio á portaría rival durante case a última media hora do partido. Guidetti puxo a proba a Pacheco en lanzamento de falta directa, Pablo Hernández rematou ao poste… o gol resistíaselle ao Celta.

 

A sorte non estivo ao lado céltico e o marcador non se moveu. Empate sen goles que deixa todo por decidir para o partido de volta en Mendizorroza.

 

FICHA TÉCNICA

0-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral (Sergi Gómez, min.80), Roncaglia, Jonny, Marcelo Díaz, Radoja, Pablo Hernández, Wass (Guidetti, min.76), Bongonda (Sisto, min.68), Iago Aspas.

 

0-ALAVÉS: Pacheco, Femenía, Laguardia, Feddal, Theo, Llorente, Camarasa (Romero, min.83), Manu García, Ibai (Vigaray, min.75), Toquero (Edgar, min.62), Deyverson.

 

Goles: sen goles.

 

Árbitro: González González, do comité castellano-leonés. Amonestou a Bongonda (Celta); Llorente, Camarasa (Alavés).

 

Campo: Balaídos (18.969 espectadores).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas