Primeiro Equipo

COPA | O Celta despídese do soño da final

RC Celta

Final.jpg

 

O balón botou a rodar en Mendizorroza e o Alavés non titubeó. Os vascos saíron a por todas ante un Celta que non carburaba. Nos primeiros compases do encontro os branquiazuis apertaron e roldaron a portaría de Sergio con perigo. No medio desta situación adversa o Celta ganduxou unha boa xogada finalizada por Iago Aspas na área alavesa e na que Pacheco apareceu, salvador, para despexar un balón que parecía destinado a converterse en gol.

 

Mediado o primeiro tempo chegou a réplica local. Ibai lanzou unha falta directa ao bordo da área e enviou o esférico rozando a cruceta. A ocasión pareceu dar ás ao Alavés, que volveu gozar dunha fase na que apertou ao Celta. E de novo, cando máis falto de ideas semellaba o Celta, apareceu Iago Aspas. O moañés golpeou de primeiras un balón solto tentando sorprender por arriba a Pacheco, adiantado, pero o balón marchouse fose rozando o traveseiro.

 

Tras a continuación superioridade do Alavés. O cadro adestrado por Pellegrino fallaba na finalización, pero mantiña o dominio e xeraba as mellores ocasións. No minuto 64 paradón de Sergio para evitar o gol de Ibai. O partido entrou nunha dinámica intermitente na que o Celta non lograba atopar o camiño á portaría rival. E finalmente, despois de moito avisar, o Alavés marcou a dez minutos para o asubío final.

 

O Celta apertou até o último minuto pero o gol non chegou e o equipo celeste quedou ás portas da final da Copa do Rei.

 

FICHA TÉCNICA
1-ALAVÉS: Pacheco, Femenía, Laguardia, Feddal, Theo, Llorente, Camarasa, Manu, Ibai (Vigaray, min.86), Toquero (Edgar, min.78), Deyverson.

 

0-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Marcelo Díaz (Guidetti, min.81), Radoja, Pablo Hernández, Wass (Rossi, min.85), Bongonda (Sisto, min.73), Iago Aspas.

 

Goles: Edgar, 1-0, min.81.

 

Árbitro: Mateu Lahoz, do comité valenciano. Amoestou a Feddal (Alavés); Iago Aspas, Marcelo Díaz (Celta).

 

Campo: Mendizorroza.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas