Dura derrota do RC Celta ante o Vilarreal en Abanca Balaídos (0-4). Os visitantes aproveitaron os fallos defensivos celestes na primeira media hora e sentenciaron pronto o encontro.
A primeira metade non puido comezar peor. Ao vinte minutos o equipo de Castelló xa vencía por 0-3 tras transformar todas as ocasións xeradas. Pouco despois chegaría o cuarto tras unha xogada elaborada.
O RC Celta tentou tirar de orgullo na segunda metade para tratar de reducir distancias no marcador.
Ficha técnica
0 – RC Celta: Rubén Blanco, Hugo Mallo, Araujo, Murillo, Olaza, Okay, Denis, Beltrán (Alfon, min 73), Baeza (Holsgrove, min 46), Brais Méndez, Santi Mina
4 – Villarreal: Asenjo, Peña, Albiol, Paul, Pedraza (Jaume, min 86), Capoue (Pino, min 66), Parejo, Trigueros (Coquelin, 86), Moi Gómez (Bacca, min 79), Gerard, Niño (Samu, min 66)
Árbitro: Estrada Fernández (Cataluña). Amoestou a Brais (RC Celta)
Campo: Abanca Balaídos