Foi unha xornada de emocións durante e despois do partido. Ademais da vitoria ante o Elche CF na xornada 37 de LaLiga 21/22, Nolito foi homenaxeado en Abanca Balaídos para recibir o agarimo e respecto do celtismo na súa despedida da que foi a súa casa durante un total de seis tempadas.
A afección celeste dedicou unha tremenda ovación ao futbolista gaditado, emocionado e agradecido ante as mostras de afecto de toda a familia celeste. Calidade, goles, agarimo, arte… e HISTORIA do RC Celta. Un xogador especial, único e inesquecible, como profesional e persoa, que seguirá moi presente nos corazóns de todo o celtismo.