20220515_Partido_RCCeltaVsElcheCF_3
Primeiro Equipo

O RC Celta despídese da súa afección cun triunfo ante o Elche CF (1-0)

RC Celta

O RC Celta derrotou por 1-0 ao Elche CF en Abanca Balaídos no partido correspondente á trixésimo sétima xornada de LaLiga. Un conxunto celeste que levou os tres puntos grazas a un gol temperán que serviu para brindar á afección un triunfo no último partido da tempada como locais.
Non podía comezar mellor a tarde para o conxunto celeste, que se adiantaba no marcador cun gol de Denis Suárez coa zurda tras un gran centro de Iago Aspas desde banda esquerda. Solari e Brais Méndez, en dúas ocasións, tiveron senllas chegadas para ampliar a renda local antes do descanso.
Tras a continuación, un gol de Iago Aspas en fóra de xogo abría unha segunda metade na que os de Eduardo Coudet controlaron a súa vantaxe con seguridade ante un Elche que tivo unha gran ocasión nas botas de Raúl Guti. Un conxunto celeste que puido sentenciar o encontro no tramo final con varias chegadas de perigo de Iago Aspas que non se puideron traducir en gol, ademais dun gol anulado a Brais por fóra de xogo.
O Celta pecha a penúltima xornada de Liga en décima posición con 46 puntos. Despois deste encontro, os celestes pecharán a tempada en Mestalla ante o Valencia CF na trixésimo oitava xornada de LaLiga.

FICHA TÉCNICA

1 – RC CELTA: Dituro; Kevin (Carlos Domínguez, min. 62), Aidoo, Araújo, Javi Galán; Fran Beltrán (Gabri Veiga, min. 65), Solari (Renato Tapia, min. 62), Denis Suárez, Brais Méndez; Galhardo (José Fontán, min. 89), Iago Aspas.

0 – ELCHE CF: Kiko Casilla; Josan, John, Enzo Roco, Diego González, Olaza; Kike Pérez (Pastore, min. 75), Marcone (Mascarell, min. 84), Gumbau (Raúl Guti, min. 75); Guido Carrillo (Tete Morente, min. 61), Piatti (Ponce, min. 61).

Gol: Denis Suárez (1-0, min. 9).

Árbitro: Melero López, do colexio andaluz. Amonestou a Javi Galán e Renato Tapia, do RC Celta, e a Josan, Marcone e Tete Morente, do Elche CF.

Campo: Abanca Balaídos, 10.773 espectadores.

Incidencias: Minuto de silencio en memoria de Don José Luis Rivadulla García, presidente do Real Club Celta durante os anos 1983-1990, recentemente falecido. Homenaxe aos dous equipos xuvenís polos seus respectivos campionatos de liga. Homenaxe e despedida a Nolito no seu último partido como celeste en Abanca Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas