Primeiro Equipo

Eduardo Berizzo, novo adestrador do RC Celta

RC Celta

benvidototo.jpg

O ex-xogador celeste volve a Vigo tras triunfar como técnico no O’Higgins, có que gañou dous títulos 

Eduardo ‘Toto’ Berizzo (Arxentina, 1969) será o adestrador do Real Club Celta durante as dúas próximas tempadas tras o acordo alcanzado hoxe entre o club e o técnico arxentino. O ex xogador celeste regresa a Vigo, avalado pola súa atractiva aposta futbolística, tras liderar ao O’Higgins na consecución dos primeiros títulos na historia do conxunto chileno.

Formado como futbolista no Newell’s, ‘Toto’ Berizzo chegou ao Celta no ano 2001, despois de militar nas filas do Atlas, River Plate e Olympique de Marsella. No equipo vigués viviu os mellores anos da súa carreira, chegando a converterse nun dos referentes para o celtismo grazas ao seu compromiso co escudo e aos seus dotes de liderado.

 

Como técnico, Berizzo deu os seus primeiros pasos como segundo adestrador de Marcelo Bielsa na selección de Chile, combinado co que participou no Mundial de Sudáfrica 2010. Tras a súa etapa no combinado nacional chileno, Berizzo estreouse como primeiro adestrador no Estudantes da Prata arxentino, no Clausura de 2011.

O seu seguinte destino foi o O’Higgins de Chile, equipo do que tomou o mando en 2012 e co que gañou os dous primeiros títulos na historia do club, o Torneo Apertura 2013 e a Supercopa 2014.

O novo adestrador do Real Club Celta será presentado nos próximos días, nunha data aínda por determinar.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas